Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 29 de setembro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación en Galicia do Fórum Europa Tribuna Galicia.

11.00 h
Na Casa do Concello, Xunta Local de Seguridade. (SÓ GRÁFICOS).
Ás 12.00 h, na Sala de Prensa, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, manteñen un encontro cos medios de comunicación.

12.00 h
No Departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar a VIII CAMIÑADA AO MONTE PEDROSO, actividade organizada polo Club Deportivo Fontiñas que terá lugar este domingo 4 de outubro. Na rolda tamén estará o presidente do Club Deportivo Fontiñas, Mariano Val Rivera.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.30 h
Na Escola Infantil de Conxo, e con motivo do inicio do curso na Rede de Escolas Infantis, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á primeira actividade do curso cunha proposta innovadora que se celebra por primeira vez. A actividade consiste na celebración da festa tradicional da vendima.

18.30 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as zonas de Carme de Abaixo e San Lourenzo. Punto de encontro: Carballeira de San Lourenzo.

NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 17.15 h da Praza do Obradoiro e irá á Escola de Conxo e a continuación a San Lourenzo.

21.00 h
X Ciclo de Lied
No Teatro Principal, concerto do X Ciclo de Lied, "O Círculo Máxico dos Mestres do Lied": Schumann e Wolf: Amor de poeta e lieder sobre textos de Mörike. Con Werner Güra, tenor, e Roger Vignoles, piano.

Compartir: