Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 23 de setembro

11.30 h
Na Granxa do Xesto (zona da cafetería) ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos; do director da Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con", Fernando Cobo; e do director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, para presentar as guías da "Granxa do Xesto" e do "Parque da Almáciga".
NOTA: Haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 11.15 h da Praza do Obradoiro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, sobre asuntos de carácter local.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Xogos con lapis e papel, moreas de xogos empregando só un lapis e un papel, enmarcado na Aula de Xogo.

21.00 h
No Teatro Principal, Ainternacional Teatro presenta Frida Kahlo. Creación e dirección de Jorge Rey. Con Manuela Varela e Jorge Padilla.

21.00 h
No Estadio de San Lázaro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao partido entre o Compostela e o Pontevedra.

V Semana Cultural do CSC da Rocha
17.30h. Ximnasia para a saúde: Pilates.
18.30h. Aula de Informática: Xogos Abandonware.
20.00h. Conferencia: Propagación da camelia, impartida por Leonor Magariños Barros. (organiza a AC Rocha Forte).

Compartir: