Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 21 de setembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, para presentar A Cerca da Cidade, proxecto que conleva unha publicación así como a sinalización da antiga muralla da cidade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar as actividades con motivo do inicio do curso da Escola Municipal de Música.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar o programa "Mente Activa".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Paula Prado, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: