Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 18 de setembro

10.30 h
No Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación do Plan MOVE 2010-2015.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Ángel Espadas, asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e do xestor de microcréditos e programas de inclusión social da Obra Social de Caixa Galicia, Xosé Luís Liñares Barbeito, para presentar a segunda edición do curso gratuíto Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Hostal dos Reis Católicos (Salón Sacristía Alta), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á reunión de constitución do Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas.

15.30 h (a partir)
Na Casa das Asociacións de Cornes, peche das actividades realizadas este verán no barrio de Conxo enmarcadas no programa "Educación de Rúa" da Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago de Compostela coa "Festa fin de verán".

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Cataxogos: Aprende a xogar connosco aos xogos de mesa, dentro da Aula de Xogo.

21.30 h
Na Catedral de Santiago, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Concerto Inaugural da Temporada de Abono 2009-2010 do Auditorio de Galicia, que dará a Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave. Con Anna Chierichetti, soprano; Anna Radziejewska, mezzosoprano; Marcus Brutscher, tenor; Enric Martínez Castignani, barítono; e o Coro da Camera di Bolognia. . Asiste tamén a concelleira de Cultura, Socorro García Conde.

Compartir: