Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 27 de agosto

12.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras de reurbanización da rúa Londres, en Fontiñas. Punto de encontro: xunto á Escola Infantil de Fontiñas.

Festival dos Abrazos
11.00 h
Na praza de Santo Agostiño, ALBORADA.
12.00 h e 18.30 h
Na praza de Abastos, COMPAÑÍA DE TEATRO GESTUAL DE CHILE. Imaxinación, movemento e xesto para descubrir os obstáculos da cidade.
20.30 h
Na praza de Feixoo, TRÍO SWING BRASIL: Brasileando. Ecos dos ritmos tradicionais brasileiros na pedra de Compostela.
21.00 h
No parque de Vista Alegre, AULA FOLQUE INFANTIL DE PONTEVEDRA: Cidades imaxinarias. Danza, teatro, música, videocreación, canto e improvisación libre por intérpretes de entre 6 e 14 anos.
21.30 h
Na rúa de San Paio de Antealtares, CORO DA RÁ (o concerto do día 13 adiouse por motivos de forza maior).
21.30 h
Na ruela de Xerusalén, CINE AMAL: Cycling for peace.
22.00 h
Na praza da Quintana ORQUESTA CHEKARA DE TETUÁN Y JÓVENES FLAMENCOS. Un desafío ao estreito de Xibraltar para recuperar ás orixes andalusís do flamenco.
22.30 h
Na praza do Toural, CURTOCIRCUÍTO: Volta ao mundo II. Unha viaxe por América e Europa na segunda sesión de curtas do mundo.
23.00 h
Na praza de Abastos, MAKIKO KITAGO: Hashi Fest. Un abrazo entre Xapón e Galicia a través da música, a paisaxe e a gastronomía.

Vive o Verán
10.00 h e 11.00 h
No parque de Bonaval, TAI CHI (se chove no CSC das Fontiñas).
10.00 h e 11.00 h
No parque da Alameda, XIMNASIA TERAPÉUTICA (se chove no CSC do Ensanche).
11.00 h
No río Santa Lucía, ROTEIROS POLOS RÍOS (previa inscrición).
11.00 h e 13.00 h
No parque Eugenio Granell, XOGOS DE SEMPRE NOS PARQUES.
20.00 h e 21.00 h
No parque Eugenio Granell, XIMNASIA TERAPÉUTICA (se chove no CSC do Castiñeiriño).

Compartir: