Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 25 de agosto

11.15 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras de reurbanización das rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire. Punto de encontro: Confluencia da avenida de Vilagarcía con Romero Donallo.

Festival dos Abrazos
11.00 h
Na praza de Santo Agostiño, ALBORADA.
12.00 h e 18.30 h
Na praza das Praterías, MALABREIKERS. Comedia de rúa con malabares, acrobacia e humor para todos os públicos.
13.30 h
No parque de Vista Alegre, RAFA LORENZO. Canción astur, poesía e teatro en homenaxe a García Lorca.
20.30 h
Na Vía Sacra, DIEGO MASSIMINI. Cancións con aires do sur nunha voz poética persoal.
22.30 h
Na rúa das Casas Reais, COOL HAMSTERS. Do fútbol á boa música só hai dúas guitarras de por medio.
22.30 h
No parque de Bonaval, CURTOCIRCUíTO: Explora! Unha mostra de curtas experimentais de todo o mundo.

Vive o Verán
10.00 h e 11.00 h
No parque de Bonaval, TAI CHI (se chove no CSC das Fontiñas).
10.00 h e 11.00 h
No parque da Alameda, XIMNASIA TERAPÉUTICA (se chove no CSC do Ensanche).
11.00 h e 12.30 h
No parque da Alameda, VISITAS GUIADAS POLOS PARQUES (previa inscrición).
20.00 h e 21.00 h
No parque Eugenio Granell, XIMNASIA TERAPÉUTICA (se chove no CSC do Castiñeiriño).

Compartir: