Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 22 de agosto

12.00 h
Na praza do Obradoiro, a alcaldesa en funcións, Mar Martín, participa nun encontro dos nenos saharauís que pasan o verán en Galicia e as súas familias de acollida.

Festival dos Abrazos
22.00 h
Na praza da Quintana, FANFARE CIOCARLIA + ALO DJANGO. A banda de metais dos Balcáns que mellor transmite a vitalidade da música xitana.

Vive o Verán
11.00 h 13.00 h
No parque de Belvís, MANUALIDADES (se chove CSC das Fontiñas).
12.00 h
No parque de Belvís, CONTACONTOS con Anxo Moure (se chove CSC das Fontiñas).
22.30 h
No LSC de Villestro, CINE AO AIRE LIBRE: A Brúxula Dourada.
22.30 h
NO LSC de Marantes, CINE AO AIRE LIBRE:Pequenos Salvaxes.

Compartir: