Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 21 de agosto

12.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á visita que o ministro de Fomento, José Blanco, realiza ao viaduto do Ulla (subtramo Silleda-Vedra-Boqueixón).

Festival dos Abrazos
11.30 h
No parque de Vista Alegre, O NOSO MUNDO NOS CONTOS. Actividade de animación á lectura a partir do noso mundo imaxinario.
13.00 h e 20.00 h
Na igrexa de Santa María do Camiño, BARBOD ENSEMBLE. Punto de encontro das tradicións musicais de Oriente Medio.
13.00 h
Na praza do Toural, ESCOITAR.ORG: Macrófono. Paseo cun micro xigante para captar e transmitir os sons propios da cidade.
21.30 h
Na ruela de Xerusalén, CINE AMAL: Ecrivains des frontières, de Samir Abdallah.
23.30 h
No parque de Bonaval, LORD KEISON: MusicVideoCrash. Unha noite de loita libre entre música e imaxes.

Vive o Verán
10.00 h 13.30 h e 17.00 h 20.30 h
No parque Eugenio Granell e no LSC da Pontepedriña, XOGANDOANDO (previa inscrición).
22.30 h
No parque Eugenio Granell, CINE AO AIRE LIBRE: Cinderella Man (Se chove no CSC do Castiñeiriño).

Compartir: