Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de agosto

12.00 h
En Nemenzo de Arriba, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visitará as obras de acondicionamento que se están acomentendo na Carballeira de Nemenzo, fronte ao Centro Sociocultural.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.45 h. da praza do Obradoiro.

Festival dos Abrazos
11.00 h
Na praza de Cervantes, ALBORADA. Música.
12.00 h e 18.30 h
Na praza das Praterías, LUSCO E FUSCO: Viaxes. Humor e emoción nunha nova produción do circo galego.
13.30 h
No parque de Bonaval (Porta da Música), OREKA TX: Txalapartas para Chillida. O son do instrumento vasco xunto á obra de Eduardo Chillida.
20.00 h
Na praza de Fonseca, OS PRIMORDIAIS. Música viva para incitar ao público a bailar.
20.30 h
Na praza de Feixoo, JUAN DE PABLOS + LOS CHAVALES. Diversión ié-ié con cancións sesenteiras e a sabedoría de Flor de Pasión.
21.30 h
Na praza do Obradoiro (arco de Fonseca), CORO DA RÁ. O concerto do día 13 adiouse por motivos de forza maior.
22.00 h
Na praza da Quintana, OREKA TX (CON AZIZA BRAHIM), NÖMADAK TX. A ancestral txalaparta soa xunto aos cantos nómades do Sáhara.
22.30 h
Na rúa das Casas Reais (rúa das Rodas), MALANDRÓMEDA. Rap marciano que bebe da serie B, da tecnoloxía e da tradición.
22:30 h
Na praza de Mazarelos, CURTOCIRCUÍTO: By Galicia. A mellor colleita de curtas galegas de animación e ficción do último ano.

Vive o Verán
10.00 h - 11.00 h
No parque de Bonaval, TAI CHI (se chove no CSC das Fontiñas).
10.00 h - 11.00 h
No parque da Alameda, XIMNASIA TERAPÉUTICA (se chove no CSC do Ensanche).
10.00 h 13.30 h e 17.00 h 20.30 h
No parque Eugenio Granell e no LSC da Pontepedriña, XOGANDOANDO (previa inscrición).
11.00 h
No río Sarela, ROTEIROS POLOS RÍOS (previa inscrición).
11.00 h – 13.00 h
No parque Eugenio Granell, XOGOS DE SEMPRE NOS PARQUES.
20.00 h – 21.00 h
No parque Eugenio Granell, XIMNASIA TERAPÉUTICA (se chove no CSC do Castiñeiriño).

Compartir: