Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 19 de agosto

20.30 h
En Montouto (Teo), a alcaldesa en funcións, Mar Martín, asiste á homenaxe a Ánxel Casal. O acto desenvolverase ao pé do monolito en memoria do que fora alcalde de Santiago (Estrada AC-841, a carón do restaurante Los Robles). Neste data cúmprense 73 anos da aparición do corpo de Ánxel Casal neste lugar.

Festival dos Abrazos
11.00 h
Na praza de Cervantes, ALBORADA. Música.
13.00 h e 22.00 h
Na praza do Toural, PESDELÁN: Baila na rúa. Obradoiros de danzas galegas e portuguesas a pé de rúa e con música en vivo.
13.30 h
No paseo da Alameda, SUSO ALONSO. O pianista máis teatreiro do país sae á rúa.
18.30 h
Na praza das Praterías, GUILLERMO HORTA: A arte de vestir un kimono de seda. Danza contemporánea con lixo e outros materiais reciclados.
20.00 h
No paseo da Alameda, MANUEL GUTIÉRREZ. Oportunidade para escoitar a un gran pianista nun contexto diferente.
20.30 h
Na rúa de Tras Salomé, JUAN DE PABLOS + LOS CHAVALES. Diversión ié-ié con cancións sesenteiras e a sabedoría de Flor de Pasión.
21.00 h
Na igrexa de Bonaval, CORO DA CAPELLA DE SAN PETERSBURGO. Cantos sacros e cancións do pobo da antiga Rusia. Unha institución con cinco séculos de historia que actúa por primeira vez en Galicia.
22.30 h
En San Paio de Antealtares, MARCOS TEIRA + L.A.R. LEGIDO. Unha guitarra galega que achega aromas do sur.
22.30 h
Na praza das Praterías, CURTOCIRCUÍTO: Volta ao mundo I. Curtas do mundo: de Brasil a Filipinas pasando por Inglaterra, Italia e a India.

Vive o Verán
10.00 h - 11.00 h
Na Finca Vista Alegre, TAI CHI (se chove na Arteria Noroeste).
10.00 h - 11.00 h
No parque da Constitución, XIMNASIA TERAPEUTICA (se chove no CSC do Ensanche).
11.00 h – 13.00 h
No Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda, OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL: Só hai árbores e paxaros na Alameda? (previa inscrición).
10.00 h 13.30 h e 17.00 h 20.30 h
No parque Eugenio Granell e no LSC da Pontepedriña, XOGANDOANDO (previa inscrición).

Compartir: