Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 17 de agosto

15.30 h
Na dársena de autobuses de Xoán XXIII, a concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, despide aos 23 rapaces e rapazas que saen cara a Granxa Escola da Fervenza do Toxa (Silleda), para participar no campamento AnimaLingua.

Festival dos Abrazos
11.00 h
Na praza de Cervantes, ALBORADA. Música.
20.30 h
Na rúa das Casas Reais, MALANDRÓMEDA. Rap marciano que bebe da serie B, da tecnoloxía e da tradición.
21.00 h
Na praza da Oliveira, TRÍO TRI'BE_MOL. Música tradicional para bailar ao son do acordeón.
22.00 h
No parque de Bonaval, BILL GOODWIN QUARTET. Bill Goodwin e Abe Rábade nunha jam session para gardar na memoria
22.30 h
Na rúa de San Paio de Antealtares, COOL HAMSTERS. Do fútbol á boa música só hai dúas guitarras de por medio.

Vive o Verán
10.00 h e 11.00 h
No parque de Vista Alegre, TAI CHI (se chove na Arteria Noroeste).

10.00 h e 11.00 h
No parque da Constitución, XIMNASIA TERAPEUTICA (se chove no CSC do Ensanche).

11.00 h e 12:30 h
No parque da Alameda VISITAS GUIADAS POLOS PARQUES (previa inscrición).

Compartir: