Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 14 de agosto

11.00 h
A concelleira de Cultura e Centro Socioculturais, Socorro García Conde, e a concelleira de Cidade Histórica, Olga Pedreira, visitan o Mercado das Cores, actividade incluída no Festival dos Abrazos. Punto de encontro: praza de Cervantes.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar a edición deste ano de Curtocircuíto na rúa. Estará acompañada por Tim Redford, director do certame, e Paulo Rodríguez, director do Auditorio.

13.45 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no Curso Música en Compostela.

Festival dos Abrazos
10.00 h
Na Vía Sacra, MERCADO DAS CORES. Os comerciantes sacan as cores ás rúas da Cidade Vella.
11.00 h
Na praza do Obradoiro, ALBORADA. Música.
11.30 h
No parque de Vista Alegre, OBRADOIRO: O libro dos meus segredos. Elaboración dun libro ou caderno de viaxe a gusto de cada participante.
13.00 h e 20.00 h
Na igrexa de Santa María do Camiño, MENG WANG. O son oriental máis antigo revisado na experiencia europea.
21.30 h
Na ruela de Xerusalén, CINE AMAL: Going home, de Omar Al-Qattan. Un antiguo oficial da Armada Británica volta a Israel.
23.30 h
No parque de Bonaval, DJ FLORO. O mellor cociñeiro do afrobeat: alimento para as pernas e a mente.

Vive o Verán
23.30 h
Na Finca Vista Alegre, CINE AO AIRE LIBRE: A verdade oculta, de John Madden.

Compartir: