Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 30 de xuño

9.00 h
En Caen, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a X Asemblea xeral da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o convenio que se subscribirá con Institucións Penitenciarias para que persoas condenadas por distintos delitos cumplan as penas traballando en beneficio da comunidade.

11.30 h
No CEIP Pío XII, actividade "Club de cans de familia. Só lles falta falar", dentro da Escola Municipal de Verán organizada pola Concellería de Educación.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mercados, Andrés Fariña, para presentar a II Feira Medieval.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no Curso Internacional de Verán da Garda Civil.

Compartir: