Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 29 de xuño

11.30 h
No CEIP das Fontiñas, actividade "Club de cans de familia. Só lles falta falar", dentro da Escola Municipal de Verán organizada pola Concellería de Educación.

12.00 h
Na Casa do Concello, a portavoz do grupo municipal do BNG, Socorro García Conde, presenta una moción do seu grupo.

17.00 h
En Caen (Francia), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Buró executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico.

Compartir: