Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 24 de xuño

11.00 h
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visita a Escola Municipal de Verán, que se está a celebrar nos seguintes colexios: Fontiñas, Pío XII, López Ferreiro, e Colexiata de Sar. A visita comezará no CEIP das Fontiñas.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.45 h da Praza do Obradoiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Juan de la Fuente sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o proxecto Crear VI e para facer balance do Crear V.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da portavoz do grupo municipal do BNG, Socorro García Conde, para presentar unha moción.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o presidente da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, Jacobo Bermejo.

19.30 h
No Teatro Principal, representación da obras "Dormes?", do autor e director Miguel Carbajal, dentro do programa Imos ao Teatro, incluído nas actividades organizadas pola Concellería de Participación Cidadá. Haberá outra función ás 21.30 horas.

19.45 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no Congreso Internacional EUNIS 2009.

20.00 h
Na Zona "C" de Bonaval, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, asiste á inauguración da exposición En Branco de Jesús Madriñán. No acto participará o propio artista.

Compartir: