Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 17 de xuño

11.00 h
Na Fundación Compostela Deporte (Estadio de San Lázaro, porta 16), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar a proba de ciclismo e as actividades complementarias da Fase Final da Compostela Cup do Camiño 2009. Na rolda tamén estarán a directora da Zona Centro de Aquagest, Paula Piñeiro; e o director deportivo do CC Aquagest, Juan Rey.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a Asociación de Empresarios en Rede xurdida do Programa Equal Compostela Social.

12.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, mantén unha xuntanza cos concelleiros de Cultura das outras seis cidades galegas.
NOTA: Ao remate da xuntanza, ás 12.50 h, farán declaracións aos medios.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, e do vicedecando da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Pereira para dar a coñecer o gañador/a do premio do concurso de ideas para a campaña publicitaria de sensibilización do consumo de alchol e para presentar o devandito traballo.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, e de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, sobre asuntos das súas áreas.

13.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA de Producións Teatrais Talía S.L. para presentar o espectáculo Palabras Encadeadas. Estará na rolda o seu director, Artur Trillo.

19.30 h
No Polígono industrial de Costa Vella, a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, inaugura o proxecto "Soluciona" do grupo EMS, un centro de desenvolvemento de solucións técnicas para a mellora da autonomía personal e calidade de vida de persoas dependentes e o seu contorno. Nestas novas instalacións hai un piso piloto que incorpora as últimas novidades en domótica e axudas técnicas aplicadas á autonomía persoal e á calidade de vida

20.30 h
No Teatro Principal, gravación ao vivo do disco Aló Irmao con Narf e Manecas Costa.

V Semana Cultural do Castiñeiriño
18.00h. Obradoiros e actividades para nenos/as da man de Xandobela.
19.00h. Títeres Cachirulo presenta Pinocho.

Compartir: