Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 1 de xuño

11.30h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, e da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para presentar o I Concurso de Balcóns da Cidade Histórica de Santiago de Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Obras e Infraestrururas, Bernardino Rama, e de Circulación Viaria e Seguridade Cidadán, Marta Álvarez-Santullano.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar a programación cultural deste mes de xuño.

17.30 h
En San Francisco, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o I Concurso "Canteiros no Obradoiro". A presentación terá lugar no interior da aula móvil da Fundación Laboral de la Construcción, que estará estacionada na rúa de San Francisco á altura da Facultade de Medicina. Tamén asisten: Eligio Nieto Lama, Presidente da Comisión Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción; Enrique Corral Álvarez, Director Xeral da Fundación Laboral de la Construcción; Xosé Manuel Villanueva Prieto, Xerente do Consorcio de Santiago e Andrés Hermida Trastoy, Director Xeral de Promoción do Emprego. Consellería de Traballo e Benestar.

18.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao Premio Nobel de Física en 1980, James Cronin, que asinará no Libro de Honra do Concello.

20.00 h
No CGAC, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á conferencia do Premio Nobel de Física en 1980, James Cronin.

Compartir: