Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 9 de decembro

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o Concerto de Nadal e outras actividades da Escola Municipal de Música.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co almirante xefe do Arsenal de Ferrol, Santiago Bolíbar.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do Apalpador para presentar o programa de actividades lúdicas Apalpando as Ilusións. Programa de Nadal da Rede de Centros Socioculturais.

Apalpando Ilusións
17.30h. No CSC de Vite, Obradoiro: Facemos o Belén
18.00h. No LSC do Casco Histórico, Obradoiro: Agasallos co Apalpador.
18.00h. No CSC de Conxo, Obradoiro: Decoración de Nadal.
18.30h. No CSC das Fontiñas, Obradoiro: Os xoguetes do Apalpador.

Compartir: