Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 5 de decembro

10.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de colocación da primeira pedra do tramo Santiago-Arzúa da autovía Santiago-Lugo, que preside o ministro de Fomento, José Blanco. Punto de encontro: rotonda situada entre os concellos de Santiago e O Pino (que dá saída á estrada N-654-Oviedo).

10.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Debate sobre o estado do Concello.

11.30 h
No CSC das Fontiñas, Obradoiro: Mecadiversión dentro da programación da Aula de Informática.

12.00 h
Na Praza Roxa, Xogos variados organizados polo CSCX do Ensanche.

21.00 h
Festival Agustín Magán
No Teatro Principal, O aturuxo de Melpómene representa Comendo pementos de Padrón con Tarantino, dentro do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán.

Apalpando Ilusións
11.30h.No LSC de Sar, Obradoiro: Agasallos do Apalpador.
17.30h. No CSC de Vite, proxección de O Grinch.
17.30h. No LSC de Casco Histórico, Títeres cachirulo representa A Historia do Apalpador.
18.00h. No CSC de Conxo, Obradoiro de Arte Floral.
18.30h. NO CSC de Conxo, Obradoiro: Construímos o conto da Befana e o Apalpador

Compartir: