Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de decembro

11.00 h
En Fontiñas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, visitan os terreos nos que se construirán os novos xulgados. Punto de encontro: porta do edificio dos Xulgados.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar as Xornadas Técnicas de Empresas de Inserción Laboral.

18.00 h
No CSC da Trisca, Cyrille Sinclair presenta A nosa maxia dentro do Programa de Maxia

18.00 h
No CSC das Fontiñas, Campionato anual xogos de sempre: as chapas, dentro da programación da Aula de Xogo.

18.30 h
No Salón de Actos da Delegación do Goberno na Coruña, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto institucional de conmemoración do 31º Aniversario da Constitución Española.

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro do Atlántico representa O xogo de Yalta. Afterplay, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Compartir: