Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 30 de decembro

9.00 a 13.30 h
Na Casa das Asociacións, obradoiros Nadal en galego, organizados pola Concellería de Participación Cidadá.

11.30 h.
Traslación 2009
Ofrenda Nacional na Festividade da Traslación dos Restos do Apóstolo Santiago. Delegado Rexio: o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. (Envíase nota co desenvolvemento do acto).

17.00 h a 21.00 h
Na Praza Roxa, Carrusel e Talleres para os máis pequenos, dentro das actividades programadas pola Concellería de Festas. De balde.

17.30 h
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación definitiva da modificación puntual da ordenanza aplicable á reserva EDEP do Plan Parcial do SUNP-2 de Salgueiriños.
3. Ampliación de usos na reserva de equipamento EDOC do Plan Parcial do SUNP-7 (O Avío).
4. Aprobación definitiva do Estudio de Detalle do Quinteiro BB-9 no SUNP-12 (Lamas de Abade).
5. Proposición do grupo municipal do BNG para instar á Xunta de Galicia ao pagamento en prazo ás persoas beneficiarias da Lei de Dependencia.
6. Proposición do grupo municipal do BNG relativa á regulación das Caixas de Aforro Galegas.
7. Proposición do grupo municipal do BNG para demandar o regreso de Aminatou Haidar ao Sahara Occidental e o recoñecemento da República Árabe Saharauí e Democrática.
8. Proposición do grupo municipal do PP de aprobación do plan integral municipal de apoio á infancia e á adolescencia no Concello de Santiago de Compostela.
9. Proposición do grupo municipal do PP para a redacción dunha Ordenanza reguladora das festas e a constitución dunha comisión de festas.
10. Dar conta de acordos da Xunta de Goberno Local.
11. Dar conta de persoamentos en recursos contenciosos administrativos, e de autos e sentenzas.
12. Rogos e preguntas.
13. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: explicación e aclaración sobre a débeda municipal de 3,7 millóns de euros.

Todo Lírica. IX Festival de Zarzuela de Santiago
21:00 h.TEATRO PRINCIPAL. Itziar de Unda, soprano. Mikeldi Atxalandabaso, tenor, Rubén Fernández Aguirre, pieano

Apalpando as ilusións
09:00 h. CSCX do Ensanche. Obradoiro: Desmontando a Carapuchiña.
13:00 h. CSCX do Ensanche. Maxia en estado puro: Mago Richard.
17:00 h. CSC de Vite. Festa de fin de ano.
18:00 h. CSC de Conxo. Festa infantil de fin de ano.
18:00 h. LSC de Villestro. Obradoiro: Agasallos co Apalpador.
18:30 h. LSC de Marrozos. Obradoiro: Agasallos co Apalpador.
20:00 h. LSC de Villestro. Maxia ao cadrado: Symbiosis.

Compartir: