Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 29 de decembro

9.00 a 13.30 h
Na Casa das Asociacións, obradoiros Nadal en galego, organizados pola Concellería de Participación Cidadá.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Benedicto González Delgado.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación cultural do mes de xaneiro

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para presentar a Guía Verde de Santiago, obra editada por Alvarellos Editora e na que colaborou a Concellaría. Na rolda estarán presentes tamén Henrique Alvarellos, editor, e María Isabel Fraga, directora do Museo de Historia Natural da USC e responsable dos contidos da Guía.

Apalpando as Ilusións
9.00h. No CSCX do Ensanche, Obradoiro Desmontando a Carapuchiña.
19.30h.Na Igrexa parroquial de Conxo, Música: Concerto Coral de Cantigas e Agarimos.
20.00h. No LSC da Rocha, Maxia Ilusionarte: Mago Marttyn

Compartir: