Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de decembro

12.00 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal popular Ángel Espadas e Amelia González sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.30 h
Na Casa do Concello, recepción cidadá.

21.00 h
Todo Lírica
No Teatro Principal, primeiro concerto de Todo Lírica con canción napolitana, ópera e zarzuela. Simón Orfila, baixo / Kennedy Moretti, piano.

Apalpando as Ilusións
18.00h. No LSC de Busto, Obradoiro Agasallos co Apalpador.
18.00h. No LSC de Figueiras, Obradoiro Agasallos co Apalpador.

Compartir: