Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 18 de decembro

10.00 h
No CSCX do Ensanche, Monográfico sobre Comercio en Internet.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os comercios gañadores da edición de Nadal do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o festival Nadal en Danza, que se celebra este domingo no Teatro Principal.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

14.00 h
Na Casa do Concello, recepción de Nadal aos funcionarios e demais traballadores municipais.

17.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, Ximnasia para a lonxevidade II: vigor, enmarcada no Club dos Maiores.

19.30 h
En Fontiñas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a rúa Londres, reurbanizada con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local 2009.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, co Coro Nacional de España. Katherine Fuge, soprano; Wilke te Brummelstroete, mezzosoprano; James Elliot, tenor; Marcus Eiche, barítono.
21.00 h
No Teatro Principal, Teatro do Noroeste representa Glass City (Cidade de Cristal) de Eduardo Alonso. Con Xavier Estévez, Luma Gómez, Carlos Mosquera, "Mos", Monti Castiñeiras, Maxo Barjas, Xan Casas, Christian Escuredo, Ramón Orencio, Brandán Lourenzo, Fernando Tato, Fernando González, Brais Morán, Julia Méndez e Julia Sánchez.

Apalpando as Ilusións
18.00h. No LSC de Busto, Títeres Cachirulo presenta A Historia do Apalpador
18.30h. No CSC da Trisca, Contacontos Tarabelos presenta Un Nadal cheo de contos.
18.30h. No LSC Monte do Gozo de Amio, Obradoiro Agasallos co Apalpador.
19.00h. No CSC do Castiñeiriño, Títeres Cachirulo representan O Libro da Selva.
19.00h. No CSC de Conxo, Inauguración do Belén.
20.00h. No CSC de Vite, actuación da coral José Saramago.

Compartir: