Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 17 de decembro

9.30 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o VII Congreso da Asociación de Palacios de Congresos de España.

10.00 h
No CSCX do Ensanche, Monográfico sobre Comercio con Internet.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelan, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar o proxecto de reurbanización da rúa Castelao.

11.30 h
No Salón Vermello, acto de entrega da Certificación de Calidade ao Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns. Asisten o Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; Ignacio Martínez, Xerente da EQA (European Quality Assurance), empresa acreditada pola Xunta de Galicia para este tipo de certificacións; e Javier López, Delegado en Galicia da EQA

12.00 h
En San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o albergue Xoán XXIII.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar o segundo libro da colección Cadernos de Compostela do Centro de Estudos Composteláns Ánxel Casal que leva por nome Ánxel Casal Gosenxe. O editor Nós e foi escrito por Miguel Anxo Seixas Seoane, que tamén estará na rolda de prensa.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o programa de actividades do Nadal.

18.00 h
En Área Central, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación de "Madera Viva", do Clúster da Madeira de Galicia.

18.45 h
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega dos Premios Vagalume.

20.30 h
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción de Nadal ás Empresas Municipais.

21.00 h
No Teatro Principal, La fierecilla domada de William Shakespeare dentro do ciclo Teatro e Danza en Xira. Dirixida por Mariano Paco Serrano con Cristina Peña, José Manuel Seda, Mario Martín, Carla Hidalgo, Pedro G. de las Heras, Francesc Galcerán, Carlos Silveira, David Alarcón e Óscar Oliver.

Apalpando Ilusións
18.00h. No CSC de Conxo, Obradoiro Creamos a Figura do Apalpador.
18.30h. No CSC A Trisca, Obradoiro de animación á lectura Facemos un Conto de Nadal.
19.00h. No LSC de Marrozos, Obradoiro interxeracional Cociña do Nadal.
19.00h. No CSC de Vite, Contacontos coa compañía Trinke-Trinke: Unha de ratos na biblioteca.
20.00h. No CSCX do Ensanche, música coral co Coro Asociación Santa Susana.

Compartir: