Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 16 de decembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Educación, Mercedes Rosón, e de Deportes, Bernardino Rama, para presentar Nadalxogo 2010.

12.00 h
No Salón nobre da Casa do Concello, recepción aos xubilados municipais do ano 2009.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e de José Víctor Carou, da Asociación Galega de Lírica Teresa Berganza, para presentar o ciclo Todo Lírica.

12.45 h
No Departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E JUNIOR DE NATACIÓN, que se celebrará na piscina de Santa Isabel do 18 ao 20 de decembro. O concelleiro estará acompañado por: Carlos Touriño González, presidente da Federación Galega de Natación; Jesús Pérez Martínez, presidente do Club Natación Santiago.

14.00 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Padroado da Fundación Compostela Deporte.

19.00 h
No Colexio de Fonseca (Praza de Fonseca, s/n), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á exposición "Compostela, un ano de voz 2009".

19.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, asiste á entrega de premios da VI Edición dos Premios EGANET 2009.

20.00 h
No Salón nobre, recepción aos participantes nas xornadas "Directores de Palacios de Congresos de España".

20.00 h
No CSCX do Ensanche, conferencia Exercitando a memoria na vida cotiá organizada polo Concello e a Fundación Caixa Galicia.

20.30 h
No Centro Sociocultural de Vite, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta aos veciños o proxecto de reurbanización da avenida de Castelao.

21.00h.
No Teatro Principal, La fierecilla domada de William Shakespeare dentro do ciclo Teatro e Danza en Xira. Dirixida por Mariano Paco Serrano con Cristina Peña, José Manuel Seda, Mario Martín, Carla Hidalgo, Pedro G. de las Heras, Francesc Galcerán, Carlos Silveira, David Alarcón e Óscar Oliver.

Apalpando Ilusións
18.00h. No LSC de Villestro, Obrdaoiro Interxeracional Cociña do Nadal.
18.00h. No CSC de Conxo, Obradoiro Tarxetas de Nadal.
18.30h. No LSC da Rocha, Obradoiro Agasallos co Apalpador.

Compartir: