Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 14 de decembro

9.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, El Teatro Buscavidas & Plan de Fugas presenta Cachai de Pepe Jiménez, organizada pola Concellería de Educación e a Aula Aberta de Filosofía.

9.45 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as xornadas técnicas de empresas de inserción laboral.
9.45 Apertura das xornadas:
Don Xosé Manuel Iglesias Iglesias, Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela.
Don Miguel Fernández Blanco, Presidente da Asociación Plataforma Polo Emprego.
Don Jorge Barros, Subdirector Xeral de Apoio á Contratación, aos Emprendedores e ao Traballo Autónomo da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.
Don Gil Ramos Masjuán, Subdirector Xeral de Economía Social e tor. Gral. De Economía Social e RSE. Ministerio de Trabajo e Inmigración.
Don Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde do Concello de Santiago de Compostela.
17.30 Clausura xornadas
Don Xosé Manuel Iglesias Iglesias, Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, e dos concelleiros Cecilia Sierra e Ángel Espadas.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

18.30 h
En Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de apertura do curso académico da Escola de Práctica Xurídica, que preside o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño.

Apalpando Ilusións
18.00h.
No CSCX do Ensanche, Contacontos Tarabelos presenta Un cheiro, un conto: O paxaro máxico dentro do Programa Asómate.

Compartir: