Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 11 de decembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar a iluminación de Nadal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
En Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega da Medalla de Ouro da USC ao presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda.

19.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o Belén chegado desde a rexión italiana de Umbria, que permancerá instalado durante as festas de Nadal e que se encadra dentro do proxecto Camiños de Europa.

19.30 h
Na aula de cultura de Caixa Galicia, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, asiste ao concerto de Nadal da Escola Municipal de Música que leva por título "O Nadal no mundo. A fermosa viaxe de Iago en Noiteboa".

20.00 h
Na sede do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos (rúa Ramón Piñeiro), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de nomeamento de socios de honra do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos.

21.30 h
No Hotel Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, fai entrega dos galardóns da X edición do premio Manuel Beiras.

Apalpando Ilusións
18.00h. No CSC da Trisca, Títeres Cachirulo representa A Historia do Apalpador.
18.30h. No CSC de Conxo, Contacontos Contos de Inverno 2.
19.30h. No LSC da Gracia, Obradoiro Agasallos co Apalpador.
19.30h. No CSC de Vite, Títeres Cachirulo representa A Historia do Apalpador.

Compartir: