Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 9 de novembro

10.45 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a Semana da Ciencia "A Maxia da Robótica", que terá lugar do 9 ao 14 de novembro. Esta actividade está organizada pola Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA) e a Concellería de Educación do Concello de Santiago.

11.00 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, asiste á presentación da ópera A Cincenta de G. Rossini enmarcada dentro do programa de Concertos Didácticos do Auditorio de Galicia e producida polo Gran Teatre del Liceu, con Joan Font de director de escea. Na rolda tamén estarán o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez; Beatriz Rodríguez, directora de Área de Negocio de "la Caixa" en Santiago; e Stanislav Angelov, director musical do espectáculo.

11.30 h
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, fai entrega das bandas de escaparatismo aos estabelecementos gañadores da Edición de Outono do VI Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". Os horarios son:
11.30: Entrega da banda ao 1º clasificado: Katuxa Platero. Xoiaría de autor. Rúa do Vilar, 45.
11.40: Entrega da banda ao 3º clasificado: Pecados de Compostela. Cantón do Toural, 5 (xunto á Praza do Toural).
11.50: Entrega da banda ao 2º clasificado: Xocoátel. Avenida de Rosalía de Castro, 3.

12.00 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director da Banda Municipal de Música, Xosé Carlos Seráns, presentan o programa da Banda Municipal para este curso 2009-2010.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

CINEUROPA 16:00 h LA SENTINELLE. Arnaud Desplechin
18:30 h REPRISE. Joachim Trier
20:15 h LOS CONDENADOS. Isaki Lacuesta
22:00 h CAPITALISM: A LOVE STORY Michael Moore
00:45 h THE GIRLFRIEND EXPERIENCE. Steven Soderbergh
16:00 h SERBIS. Brillante Mendoza
18:15 h LIVERPOOL. Lisandro Alonso
20:00 h TROUBLE EVERY DAY. Claire Denis
22:00 h WHAT JUST HAPPENED? Barry Levinson
00:00 h FIFTY DEAD MEN WALKING. Kari Skogland
18:00 h O CLUB DA CALCETA Antón Dobao
20:00 h AMERRIKA Cherien Dabis
22:00 h ELEVATOR George Dorobantu
23:00 h YELLOW SUBMARINE. George Dunning

Compartir: