Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de novembro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, visita as obras de reparación da cuberta do Auditorio.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o Boletín sobre o mercado laboral de Compostela do primeiro semestre de 2009.

18.00 h
Nas oficinas do grupo municipal popular, os concelleiros do grupo municipal popular reúnense coa plataforma de afectados pola depuradora da Silvouta.

20.00 h
Na Fundación Caixa Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Miradas".

20.00 h
Na Zona C, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, inaugura a exposición "Microvoyages". Asiste a artista, Esther Ruíz de Pablos, e o comisario da mostra, Antonio Díaz Correa.

23.30 h
Na Alameda, posta en marcha do programa Noc-turnos, organizado pola Federación de Bebidas Espirituosas coa colaboración da Concellería de Sanidade. Esta actividade comeza cunha sesión informativa por parte dos monitores de FEBE sobre a importancia de elixir un condutor alternativo, aquel que non bebe para poder conducir, cada vez que se saia de marcha. Aqueles mozos que demostren que non consumiron alcohol ao longo da noite serán premiados con diferentes regalos (camisetas, refrescos e cheques canxeables por gasolina).

Compartir: