Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 3 de novembro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asise á conferencia organizada por Nueva Economía Fórum que pronunciará o ministro de Fomento, José Blanco.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o ministro de Fomento, José Blanco; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; e o presidente do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias, Antonio González Marín; asinan o protocolo de colaboración para A REMODELACIÓN DA ESTACIÓN FERROVIARIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, e a actuación urbanística na súa zona de influencia.
Desenvolvemento do acto:
- saúdo á Corporación (SÓ GRÁFICOS)
- o ministro asina no Libro de Honra do Concello (SÓ GRÁFICOS)
- no Salón Nobre, acto de sinatura do convenio.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar o ciclo Sons da Diversidade deste curso 2009-2010.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración oficial do Edificio Emprendia, emprazado no Campus Sur (esquina da Avenida Mestre Mateo coa Estrada de San Lourenzo), acto que contará coa presenza da ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia.

20.00 h
Na Casa das Asociacións, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Federación de Asociacións de Veciños do Rural, Ferusa.

Compartir: