Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 27 de novembro

11.00 h
Na rúa Sempre en Galiza, 4 (praza interior), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da nova sede de Alvarellos Editora.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e de Adolfo Dufour, director de Septiembre del 75, para presentar este documental que se proxectará pola noite en Cineuropa. Na rolda estará tamén o director de Cineuropa, José Luis Losa, e Flor Baena, irmá de Xosé Humberto Baena, protagonista do documental, militante do FRAP fusilado no 75 cando tiña tan só 24 anos.

12.40 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, dá a coñecer o fallo do xurado do concurso de Carteis de Nadal 2009.

13.00 h
Na rúa da Conga, 9, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a galería de arte Factoría Compostela.

20.30 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á cea organizada pola Asociación da Área Empresarial do Polígono do Tambre.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, Primeira Xornada do III Certame Galego de Bandas de Música Populares.

20.00 h
No actual Local Social de Santa Marta-A Choupana (Escultor Ferreiro, nº 4) a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presenta aos veciños a proposta de proxecto do futuro centro cívico que se construirá no barrio.

CINEUROPA 16:00 h KANTOKU BANZAI! Takeshi Kitano
18:00 h CHAN MAT Ivy Ho
20:15 h MARATÓN:
UN CHICO RARO (curta) Javi Camino
THE DENTIST Brian Yuzna
ANTICHRIST Lars Von Trier
LESBIAN VAMPIRE KILLERS Phil Claydon
THE DESCENT Neil Marshall
ILSA, SHE WOLF OF THE SS Don Edmonds
PELÍCULA SORPRESA
17:30 h UN CONTE DE NOËL Arnaud Desplechin
20:15 h L’AIMÉE Arnaud Desplechin
21:30 h 35 RHUMS Claire Denis
23:15 h DDONGPARI Yang Ik-june
21:00 h SEPTIEMBRE DEL 75 Adolfo Dufour