Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 25 de novembro

10.00 h
En Madrid, no Hotel Meliá Castilla (Capitán Haya, 43), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación do proxecto CAMPUS VIDA co que a Universidade de Santiago de Compostela concorreu á convocatoria de Campus de Excelencia Internacional.

10.30 h
Na sede da Fundación Compostela Deporte (Estadio de San Lázaro, porta 16), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o acto de entrega das bolsas a deportistas individuais da Fundación Compostela Deporte.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Ángel Currás, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do director de Curtocircuito, Tim Redford, para dar a coñecer o gañador de Compostela Plató'09.

Dia Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.
12.00 h
Na Concellería de Benestar Social e Igualdade (rúa Isaac Díaz Pardo), a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, fai entrega dos premios 25 de novembro, concurso "Educando na Convivencia en Igualdade", co lema "A miña visión sobre a violencia de xénero", dirixido ao alumnado do 2º ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria. Os traballos presentados estarán expostos dende o 25 de novembro ao 11 de decembro de 2009.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; de Enrique Otero, director do filme Crebinsky e de Miguel de Lira, actor protagonista do filme para presentar a Noite Especial Crebinsky. Na rolda estará tamén o produtor do filme, Farruco Castromán, e o director de Cineuropa, José Luis Losa.

Dia Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.
19.00 h.
No Casino (rúa do Vilar), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto institucional de sensibilización contra a violencia de xénero no que participarán cargos directivos dos principais medios de comunicación da cidade.

20.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no VI Encontro de Maxistrados e Xuices especialistas en Mercantil.

20.00 h.
Na Casa das Asociacións, a concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, inaugura a mostra "Exposición Rexional Galega. 100 anos despois", organizada pola Concellería de Participación Cidadá, que estará aberta ata o 12 de decembro.

20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, presentación da segunda edición do Fórum Gastronómico Santiago, que se celebrará na cidade entre o 20 e o 24 de Febreiro de 2010.
Interveñen:
Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Promoción Económica e Turismo do Concello de Santiago.
Pep Palau e Jaume von Arend, co-directores do Fórum Gastronómico.
Xosé Cannas e Erundina Vázquez, cociñeiros e relatores do Fórum Santiago 2010.
Pablo Villamar, vicepresidente da Deputación da Coruña.
Alejandra Álvarez de Mon, directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais.
Rosa Quintana Carballo, conselleira do Mar da Xunta de Galicia.
Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago.

CINEUROPA 16:00 h UN AUTRE HOMME Lionel Baier
18:00 h KANTOKU BANZAI! Takeshi Kitano
20:00 h EDEN À L’OUEST. Costa-Gavras
22:00 h NOITE ESPECIAL CREBINSKY
01:00 h JOHNNY CASH’S AMÉRICA. Morgan Neville & Robert Gordon
18:00 h FILMEFOBIA Kiko Goifman
20:00 h LÉO, EN JOUANT «DANS LA COMPAGNIE DES HOMMES» Arnaud Desplechin
22:15 h AQUELE QUERIDO MÊS DE AGOSTO. Miguel Gomes

Compartir: