Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 23 de novembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o Plan de Mellora dos Comercios en Activo, dirixido a todos os estabelecementos comerciais de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar o documental "Sexo, entre o ceo e a terra", que se estrea en Cineuropa o martes ás 20.15. Na rolda estará Teo Manuel Abad, director do documental, e José Luis Losa, director de Cineuropa.

12.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á nova cónsul de Venezuela, Mónica Chacín Fuenmayor.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e de Adán Aliaga, con motivo da presenza do seu filme, Estigmas, en Cineuropa esta tarde ás 20.00 h no Teatro Principal. Na rolda estarán tamén o produtor do filme, Xosé Zapata, e o director de Cineuropa, José Luis Losa.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Padroado da Fundación do Refuxio de Animais.

17.00 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as VI Xornadas Nacionais sobre Comunicación e Xustiza.

CINEUROPA 16.00 h BEYOND IPANEMA. Guto Barra
17.45 h L’INTRUS Claire Denis
20.00 h A MIÑA VIDA NAS TÚAS MANS. Nuno Beato
ESTIGMAS Adán Aliaga
22.15 h EDEN À L’OUEST. Costa-Gavras
00.15 h ROIS ET REINE. Arnaud Desplechin 17.30 h MADNESS: THE LIBERTY OF NORTON FOLGATE Julien Temple
18.45 h UN AUTRE HOMME. Lionel Baier
20.15 h VIL ROMANCE. José Campusano
22.15 h AI NO MUKIDASHI Sono Sion

Compartir: