Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de novembro

9.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Buró Executivo da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico. (SÓ GRÁFICOS).
Ás 10.45 h. manterán un encontro cos medios de comunicación.

10.00 h
No CSX do Ensanche, Creación de Blogs: Monográfico.

10.15 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, manterá un encontro cos medios de comunicación para explicar os obxectivos do Día Internacional da Infancia, ao que se suma a Concellería de Educación a través de dous CONCERTOS DIDÁCTICOS, que se celebrarán no Auditorio ás 10.30 e ás 12.00 h.

12.00 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto institucional que se realiza con motivo do Día Internacional da Infancia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar a Sesión Especial de Emerxentes de Xosé Manuel Bazarra, "Sepi", que se celebra esta noite no Teatro Principal. Na rolda estarán tamén o propio cineasta; Carlos Villa, actor protagonista de todos os seus filmes; Marta Eiriz, produtora das películas; e José Luis Losa, director de Cineuropa.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar a película Rafael que se estrea esta tarde, ás 20.00h, no Teatro Principal. Na rolda estará tamén o director do filme, Xavier Bermúdez, e o director de Cineuropa, José Luis Losa.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á coordinadora da Campaña do Milenio de Nacións Unidas en España, Marina Navarro.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, Ximnasia para a Lonxevidade I: a respiración, dentro do Clube dos Maiores.

20.00 h
No Teatro Principal, estrea de Rafael de Xabier Bermúdez.

21.00 h
No Teatro Principal, Sesión Especial da filmografía de Xosé Manuel Bazarra, "Sepi", dentro do ciclo Emerxentes de Cineuropa. Proxectaranse os seus filmes 5 pezas de Setembro, Berberecho, Los reyes del columpio e estrearase Berberecho II.

CINEUROPA 16:00 h OIL CITY CONFIDENTIAL: THE DR. FEELGOOD STORY. Julien Temple
18:00 h VERS MATHILDE. Claire Denis
20:00 h RAFAEL Xavier Bermúdez
22:00 h SESIÓN ESPECIAL. Xosé Manuel Bazarra «Sepi»:
00:00 h LE REFUGE François Ozon
18:00 h WOODSTOCK: NOW AND THEN. Barbara Kopple
20:00 h L’INTRUS Claire Denis
22:15 h HOOKED Adrián Sitaru
23:45 h JOHNNY CASH’S AMÉRICA. Morgan Neville & Robert Gordon

Compartir: