Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 19 de novembro

10.00 h
No CSCX do Ensanche, Creación de Blogs: Monográfico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Paula Prado, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e de Fernando Trueba con motivo do Premio Cineuropa que recibirá o cineasta nunha gala esta mesma noite e na que se proxectará o seu último filme, O baile da victoria. Na rolda estará tamén o director do Festival, José Luis Losa.

14.00 h
No Polígono de Sabón, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega dos Premios Fernández Latorre.

17.30 h
Os concelleiros do grupo municipal popular visitan a depuradora da Silvouta.
Punto de encontro: terreos da depuradora.

19.30 h
No CSCX do Ensanche, Olga Patiño Abeixón presenta o Obradoiro de escritura creativa dentro do Programa Sociocultural Asómate.

21.00 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, entrega o Premio Cineuropa ao cineasta Fernando Trueba nunha gala presentada por María Bouzas e na que se proxectará o último filme de Trueba, O baile da victoria. Á gala asistirá tamén a concelleira de Cultura e tenenta de alcalde, Socorro García Conde; o xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva; o director do Festival, José Luis Losa e outras autoridades.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Salvador Mas e con Mihaela Ursuleasa ao piano.
CINEUROPA 21:00 h Gala premio Cineuropa: FERNANDO TRUEBA. Coa proxección de O baile da Victoria.
18:00 h BEYOND IPANEMA. Guto Barra
19:45 h IN THE LOOP. Armando Iannucci
21:45 h EXCURSIONES. Ezequiel Acuña
23:30 h WHO KILLED NANCY? Alan G. Parker
22:00 h ROMAN POLANSKI: WANTED AND DESIRED Marina Zenovich

Compartir: