Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 18 de novembro

11.00 h
Os concelleiros do grupo municipal popular visitan o colector de Pontepedriña.
Punto de encontro: diante da residencia da terceira idade de Pontepedriña.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a segunda quenda do programa de inserción laboral Proxecto Persoa IV.

11.30 h
No Clube Internacional de Prensa, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar a estrea en Galicia de Señora de, que se celebra no Teatro Principal ás 20.00h no marco de Cineuropa. Na rolda están tamén Patricia Ferreira, directora do filme; Carmen I. Rábade, produtora executiva; o director de Cineuropa, José Luis Losa; e Filomena Rey, Ana Blanco e Romana San Luis, protagonistas da película.
NOTA: Previamente, ás 10.00h haberá un pase do filme para a prensa.

11.45 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras que se están a levar a cabo nas rúas do Olvido e Canteira de San Lázaro.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.30 h da Praza do Obradoiro.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, para presentar a reurbanización do ámbito do Cruceiro do Gaio.

20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á estrea en Galicia do filme Señora de, no marco de Cineuropa.

20.30 h
Na Sede do COAG (Praza da Quintana) a concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, reúnese cos veciños das Rúas de Raxoi, Trindade e San Clemente, xunto coa do ámbito do Cruceiro do Gaio para explicarlle de primeira man todos os detalles das obras de reurbanización que en breve comezarán nestes barrios. Na xuntanza estará tamén Javier Fernández, arquitecto e xefe de servizo da Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación dependente da Concellaría.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Especial Santa Cecilia da Banda Municipal de Música dirixida por X. Carlos Seráns. .

CINEUROPA 16:00 h THE AGONY AND THE ECSTASY. OF PHIL SPECTOR Vikram Jayanti
18:00 h BAGATELA Jorge Caballero
20:00 h SEÑORA DE Patricia Ferreira
22:00 h SYNECDOCHE, NEW YORK. Charlie Kaufman
00:00 h UN PROPHÈTE Jacques Audiard
17:30 h WHO KILLED NANCY? Alan G. Parker
19:15 h SINGULARIDADES DE UMA RAPARIGA LOURA. Manoel De Oliveira
20:30 h YUKI & NINA. Nobuhiro Suwa e Hippolyte Girardot
22:15 h LE REFUGE. François Ozon
00:00 h ESTHER KAHN. Arnaud Desplechin

Compartir: