Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de novembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, para dar a coñecer o nome das propostas gañadoras do Concurso de Novas Ideas Empresariais "Compostela Activa 2009".

12.00 h
No Reitorado, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á entrega do premio "A USC crea, a USC Innova".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e de Rita Miramontes, presidenta da Asociación do Traxe Galego, para presentar a XV edición do "Premio de Investigación Antonio Fraguas" sobre o Traxe Tradicional Galego.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co director da Editorial Galaxia, Víctor Fernández Freixanes.

18.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, e de Luis Miñarro, director de Family Strip. Na rolda estará tamén o director de Cineuropa, José Luis Losa.

19.00 h
Na Casa das Asociacións, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza do Foro polo Civismo, coa seguinte orde do día:
Punto único.- Presentación do programa "A vida recreativa en Santiago de Compostela: análise do estado da situación e propostas para previr os factores e as condicións de risco asociadas ás mesmas".

20.00 h
No CSC das Fontiñas, Conferencia de Marta Jaquet Santamarina sobre O dó. Organizado pola Asociación Galega de Xerontoloxía e Xeriatría dentro da programación do Clube dos Maiores.

CINEUROPA 16:00 h OIL CITY CONFIDENTIAL: THE DR. FEELGOOD STORY. Julien Temple
18:00 h ACHILLES TO KAME. Takeshi Kitano
20:15 h FAMILYSTRIP. Luis Miñarro. Ao remate do filme, coloquio co director.
22:00 h LOOKING FOR ERIC Ken Loach
00:00 h LET’S GET LOST: CHET BAKER. Bruce Weber
23:00 h UN PROPHÈTE Jacques Audiard
22:00 h EL ANDAMIO. Rogelio Amigo /50 AÑOS EN EL ANDAMIO.Ángel Rueda

Compartir: