Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 16 de novembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Paula Prado, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e da Mabel Rivera con motivo do premio Cineuropa que a actriz recibirá esta mesma noite no Teatro Principal. Na rolda estará tamén o director do Festival, José Luis Losa.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, para presentar o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Santiago de Compostela.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á Confraría da Veracruz.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza do Consello Económico e Social.

21.00 h
No Teatro Principal, Gala de entrega do Premio Cineuropa á actriz Mabel Rivera, presidida pola concelleira de Cultura, Socorro García Conde. No transcurso da Gala, que presentará o actor Tamar Novas, haberá unha actuación musical e proxectaranse os filmes Unha lousa no Caurel e O salario do silencio. Asiste o secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro.

CINEUROPA 21:00 h Gala premio Cineuropa: MABEL RIVERA
Proxeccións:
UNHA LOUSA SOBRE O CAUREL
O SALARIO DO SILENCIO
16:00 h QUELQUE CHOSE À TE DIRE. Cécile Telerman
18:00 h SLEEP DEALER Alex Rivera
20:00 h UN PROPHÈTE Jacques Audiard
22:45 h LET’S GET LOST: CHET BAKER. Bruce Weber
00:45 h COMMENT JE ME SUIS DISPUTÉ … (MA VIE SEXUELLE). Arnaud Desplechin
18:00 h ESTHER KAHN. Arnaud Desplechin
20:30 h SINGULARIDADES DE UMA RAPARIGA LOURa. Manoel De Oliveira
21:45 h LE HÉRISSON Mona Achache
23:30 h IO, DON GIOVANNI. Carlos Saura
22:00 h ROMAN POLANSKI: WANTED AND DESIRED. Marina Zenovich

Compartir: