Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 13 de novembro

11.00 h
Na rúa Fernando III O Santo, nº 24, baixo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o estudo onde se fai a película "O Apóstolo".

11.30 h
Cineuropa
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o director de Cineuropa, José Luis Losa, para presentar a segunda das Sesións Especiais de Emerxentes Galegos dentro do festival. Neste caso é a do cineasta Oliver Laxe quen tamén estará na rolda de prensa. Laxe presentará ademais o seu próximo proxecto, un filme que comezará a rodar en xaneiro e no que conta coa colaboración de Margarita Ledo e Concha Fontenla, de Factoría, que tamén estarán na rolda.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, e de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, sobre asuntos das súas áreas.

21.00 h
Sons da Diversidade
No Auditorio de Galicia, concerto de Ryuichi Sakamoto dentro do ciclo Sons da Diversidade.

22.00 h
Na Sala Capitol, actuación do grupo de novos talentos No Reply dentro do concerto organizado pola Concellería de Benestar Social e Igualdade para presentar á xuventude a campaña de sensibilización sobre o consumo de alcohol e a páxina web www.quetocaestanoite.es. As entradas, de balde, poden recollerse no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, en Discos Gongs ou na tenda A Reixa.

CINEUROPA 2009 16:00 h UN HÉROS TRÈS DISCRET Jacques Audiard
18:00 h TROUBLE EVERY DAY Claire Denis
20:00 h SESIÓN ESPECIAL Oliver Laxe. Coloquio
22:00 h O NOVENO PRINCIPIO. Iván Seoane Romero
22:45 h QUELQUE CHOSE À TE DIRE. Cécile Telerman
00:30 h DESERT FLOWER. Sherry Horman
16:00 h BAGATELA. Jorge Caballero
18:00 h WHO KILLED NANCY? Alan G. Parker
20:00 h ELEVATOR. George Dorobantu
21:30 h ACHILLES TO KAME. Takeshi Gitano
23:30 h DANS MA PEAU. Marina De Van
01:00 h SOUL POWER. Jeffrey Levy-Hinte
18:00 h UN AJUSTE DE CUENTAS. Manane Rodríguez Rodríguez
20:00 h TRES DÍAS CON LA FAMILIA. Mar Coll
21:30 h VENDREDI SOIR. Claire Denis
23:15 h LOS CONDENADOS. Isaki Lacuesta
22:30 h ROMAN POLANSKI: WANTED AND DESIRED. Marina Zenovich

Compartir: