Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 11 de novembro

10.00 h a 12.00 h
Na Escola infantil Municipal de Conxo, actividade "Só lles falta falar" que está a desenvolver a Concellería de Educación en colaboración co Club de Cans de Familia e o Centro de Conduta Animal. Esta actividade ten como obxectivo colaborar na creación e difusión do coñecemento, a consideración e o respecto polos animais en xeral e os cans en particular. Tratase dun proxecto novidoso no que se pretende achegar os nenos ao mundo dos animais de compañía, tanto con contidos educativos como lúdicos.

11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o embaixador de Suiza en España, Jean-Philippe Tissières, que estará acompañado polo ministro conselleiro da Embaixada, Kurt Kunz.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar a Sesión Especial desta tarde en Cineuropa coa filmografía de Ángel Santos. Na rolda estarán tamén o propio Ángel Santos e o director do Festival, José Luis Losa.

12.00 h
No Paseo Central da Alameda de Santiago, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, asiste ao acto central de celebración do Día do Peón que leva o título de Polo San Martiño, peóns ao Camiño. O evento está organizado pola Rede Galega do Xogo Tradicional Brinquedia, a Asociación do Xogo Tradicional de Compostela e a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais do Concello de Santiago.

12.00 h
No Salón Nobre, recepción aos participantes no Trofeo Concello de Santiago de Squash.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar a campaña de sensibilización sobre o consumo de alcohol na xuventude.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Sanidade e Consumo, Andrés Fariña, para presentar a "Guía práctica para reciclar". Na rolda tamén estará Luis Míguez Macho, catedrático de dereito administrativo e membro da Federación Galega de Euroconsumidores.

13.30 h
No Salón Nobre, recepción aos participantes no VI Encontro de investigadores sobre o franquismo, organizado pola Fundación 10 de marzo.

19.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á recepción que ofrece o embaixador de Suiza en España, Jean-Philippe Tissières.

23.00 h
Na Sala Capitol, concerto Re-volver, especial Beatles dentro de Cineuropa. Presentado por Camilo Franco e coa participación de Faltriqueira, Magritte, U-lo Trío, The Homens, Niño y Pistola, Narf & Javier Abraldes e Magín Blanco & Burgas Beat.

CINEUROPA 16:00 h THE HOUSEMAID Kim Ki-young
18:00 h VENDREDI SOIR Claire Denis
20:00 h SESIÓN ESPECIAL Ángel Santos Estrea de SARA Y JUAN e proxección do resto da súa obra… Ao remate, o director manterá un coloquio cos alí presentes.
22:00 h DAS WEISSE BAND Michael Haneke
00:30 h YOUTH WITHOUT YOUTH Francis Ford Coppola
16:00 h SOUL POWER. Jeffrey Levy-Hinte
18:00 h ELEVATOR. George Dorobantu
20:00 h FIFTY DEAD MEN WALKING. Kari Skogland
22:00 h NANAYOMACHI Naomi Kawase
23:45 h DANS MA PEAU Marina De Van
18:00 h UN HÉROS TRÈS DISCRET Jacques Audiard
20:00 h ICH BIN ENRIC MARCO. Santiago Fillol e Lucas Vermal
21:45 h SLEEP DEALER Alex Rivera
23:15 h NAJ SUL Young-Seok Noh
SALA CAPITOL
23.00 h Concerto especial BEATLES
presentado por Camilo Franco:
FALTRIQUEIRA
MAGRITTE
U-LO TRÍO
THE HOMENS
NIÑO Y PISTOLA
NARF & JAVIER ABRALDES
MAGÍN BLANCO & BURGAS BEAT
22:00 h ESPECIAL Ryuichi Sakamoto. SENJO NO MERRY CHRISTMAS (BO NADAL, MR. LAWRENCE) Nagisa Oshima