Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 10 de novembro

9.00 h
No Parque de Bombeiros, a concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, inaugura o "Curso básico de intervencións de extinción de incendios en patrimonio histórico", organizado polo Grupo de Cidadades Patrimonio da Humanidade de España.

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da ópera A Cincenta de G. Rossini producida polo Gran Teatre del Liceu, con Joan Font de director de escea.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, do concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar o programa de actividades do departamento para novembro e decembro e a entrega de premios do 2º certame MusicaXove’09.

11.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.00 h
No CSC do Castiñeiriño, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto co director do Laboratorio de Patrimonio do CSIC, Felipe Criado, inaugura "Arqueocampo", actividade práctica que achega o traballo arqueolóxico ao público en xeral e aos escolares.

12.30 h
Na ponte da autopista de Ourense (límite entre Santiago e Vedra), ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal popular Ángel Espadas e Albino Vázquez Aldrey, sobre infraestruturas viarias.

13.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.

19.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos galardóns da 7ª Edición dos Premios Educacompostela.

21.00h.
Cineuropa 2009
Na Sede da Fundación Caixa Galicia, debate sobre a transición en Galicia posterior á proxección do filme A Mirada de Ana. Participarán Xan María Castro, Camilo Nogueira, Luis Pasín e Encarna Otero moderados por Perfecto Conde.

CINEUROPA 2009
16:00 h ONE FAST MOVE OR I’M GONE: KEROUAC’S BIG SUR Curt Worden
18:00 h FIFTY DEAD MEN WALKING. Kari Skoglan
20:15 h CAPITALISM: A LOVE STORY Michael Moore
22:15 h DAS WEISSE BAND Michael Haneke
00:45 h THE HOUSEMAID. Kim Ki-young
16:00 h LIVERPOOL Lisandro Alonso
18:00 h ELEVATOR George Dorobantu
20:00 LOS CONDENADOS. Isaki Lacuesta
22:00 h SLEEP DEALER Alex Rivera
23:45 h SOUL POWER Jeffrey Levy-Hinte
23:00 h YOUTH WITHOUT YOUTH. Francis Ford Coppola
20:00 h A MIRADA DE ANNA. Llorenç Soler e Jorge Algora. A conbtinuación, 21.00h, debate sobre a transición en Galiza.
23:30 h LET IT BE Michael Lindsay-Hogg