Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 28 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar o Programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, para presentar Compostela Conta, programa educativo para o coñecemento Arqueolóxico e Histórico de Compostela destinado a persoas de todas as idades.

12.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o presidente da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, Antón Fernández.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez.

20.30 h
Na Casa das Asociacións, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro "Historias do Carril-Cornes". Asisten: Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago; Olegario Sotelo Blanco, editor de Sotelo Blanco; Xoán Luís Miguéns García, autor do libro; e Juan Conde Roa, responsable de Publicacións do Consorcio.

21.30 h
No Multiusos do Sar, concerto de Concha Buika: El último trago. Homenaxe a Chavela Vargas.

Amal 2009 no Teatro Principal
20.00h. Camiño á Meca de Georg Misch
22.00h. Granadas e mirra de Najwa Najjar

Compartir: