Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de outubro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia: O castelo da Rocha Vella (de Santos Bartolomé). Dirixido por Maximino Zumalave e cos Monicreques de Kukas.

11.30 h
No parque das Cancelas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de plantación de árbores "¡Plántate! Vén e sembra vida", dos 40 Principales. Tamén asiste a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. No acto estarán Coti e Antonio Orozco.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia, que terá lugar na sede desta entidade (Polígono do Tambre, Vía La Cierva s/n).

17.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa. (SÓ GRÁFICOS).
Ao remate, manterán un encontro cos medios de comunicación.
A continuación, ás 18.30 h, visitarán, xunto co delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, as obras do colector interceptor do río Sar (tramo Pontepedriña-Ponte San Lázaro). (GRÁFICOS). Punto de encontro: Parque Granell con Pontepedriña.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación para o traslado ata o Parque Granell que sairá da Praza do Obradoiro.

20.00 h
Na Casa das Asociacións, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á homenaxe que a Concellería de Participación Cidadá lles rende ás persoas que teñen traballado polo ben colectivo ao longo da súa vida. Nesta edición os homenaxeados son Esperana Nogueira González, vogal da asociación de veciños "A Xunlla" de Laraño, e Manuel Castro Reboredo, presidente da asociación de veciños "O Pasadoiro" do Carballal; así como, Xesús Cea Seoane, veciño do barrio de Lermo.

Amal 2009 no Teatro Principal
18.00h. Eu son Gaza de Asma Beseiso.(Haberá un coloquio posterior á proxección coa directora)
20.00h. 33 días de Mai Masri.
22.00h. Bonecas, unha muller de Damasco de Diana El Jeiroudi
NOTA: Para ver a programación completa: www.festivalamal.es

Compartir: