Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 20 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta, xunto co director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e co catedrático de Psicoloxía Clínica da Facultade de Psicoloxía da USC, Elisardo Becoña, o estudo "A vida recreativa en Santiago de Compostela: análise do estado da situación e propostas para previr os factores e as condutas de risco asociados á mesma".

11.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación do Xacobeo 2010. Tamén asiste a concelleira de Cultura, Socorro García Conde.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, Conferencia da Asociación Galega de Xerontoloxía e Xeriatría impartida por Teresa Lord: A diabetes. Está enmarcada nas actividades do Club dos Maiores.

21.00 h
No Teatro Principal, Entremáns presenta Concerto desconcerto (Danza) dentro da Feira das Artes Escénicas 2009.

Compartir: