Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de xullo

11.00 h. a 12.00 h.
Visita-presentación á planta de compostaxe compostela inserta.
11.00 h. Saída da Praza do Obradoiro. Autoridades e xornalistas.
11.15 h. Chegada a Amio.
Intervención de Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.
Intervención de Elvira Cienfuegos, concelleira Medio Ambiente.
11.30 h. Presentación en power-point a cargo do docente Ramón Plana (Asesor e técnico en implantación e xestión de plantas de compostaxe).
11.45 h. Visita ás instalacións. Descrición e explicación do funcionamento da planta de compostaxe a cargo de Ramón Plana.
12.00 h. Regreso á Praza do Obradoiro.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o alcade compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe aos nenos e nenas saharauís participantes do programa Vacacións en Paz 2008.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

Vive o Verán
9.45 h. – 10:45 h. Visita cultural guiada a Biblioteca Ánxel Casal e a Exposición permanente Galicia Dixital
10:00 h. – 11:00 h. Ximnasia terapéutica no Parque da Constitución, está pensada para os usuarios de gimnasia de mantemento dos centros socioculturais, persoas que non teñen problemas físicos, que non son deportistas pero que queren mellorar a súa calidade de vida.
De 17.00 a 20.30h. Nas piscinas do Multiusos do Sar, Bibliopiscina.

Compartir: