Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 28 de xuño

10.00 h.
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: aprobación inicial do orzamento municipal para o ano 2008 e cadro de persoal.

De 11.00 a 14.00 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, exhibición de xogos de estratexia e miniaturas e xornada de introdución aos xogos de rol para nais e pais. A última hora de mañá poñerase en funcionamento o club de rol do Ensanche.

12.15 h.
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á cerimonia de concesión das Medallas Castelao 2008.

13.00 h.
"Primeira tapa" do concurso SANTIAGO(é)TAPAS. Farase un percorrido por tres estabelecementos inscritos no concuros, con degustación de tapas. Itinerario:
13.00 h. Mesón de Lázaro, rúa de San Lázaro, 73.
13.30 h. Bodeguilla de San Lázaro, rúa de San Lázaro, 104.
14.15 h. Pedrasanta, Costa de San Marcos.
Asistentes: Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Promoción Económica e Turismo; Socorro García Conde, tentente de alcalde; Jesús Sordo, presidente da Asociación de Hostalería de Santiago; Ignacio Louzao, xerente de Galicia Calidade; Iñaki Gaztelumendi, xerente de Turismo de Santiago; Guillermo Fernández, delegado de Estrella Galicia en Santiago; Gonzalo Alonso, director do Hotel Araguaney; Carlos Plaza, director do Hotel Puerta del Camino; Manuel Quintanar, director adxunto do Hostal dos Reis Católicos.

21.00 h.
No Teatro Principal, Teatro de Adro presenta Comida Chinesa, dirixida por Lino Braxe.

Compartir: