Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de xuño

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, para presentar o Mercado Medieval.

12.00 h.
No Casino de Santiago, a concelleira Elvira Cienfuegos asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación das actividades que se celebran o sábado con motivo do Día Europeo da Música. Na rolda estará tamén Ubaldo Rueda, vicepresidente do Casino, que é a entidade que organiza estas actividades.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h.
No IES Rosalía de Castro, a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, inaugura a exposición pictórica de Xulio García Rivas.

22.00 h.
Na Sala Capitol, segunda final do certame MUSICAXOVE’08 na modalidade de hip hop. Participan: Bronquitis Crónica, Mito Escrito, Pa la Peña e Jotace. Organiza a Concellaría de Xuventude do Concello de Santiago.

22.30 h.
No Multiusos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao concerto de Juanes.

III Ciclo de Cinema Gai, Lésbico, Bisexual e Transexual
20.15h. Fabulous (The History of queer cinema) de Lisa ades e Lesli Klainberg
22.15h. Clandestinos de Antonio Hens.

Semana Cultural CSC A Trisca
11.30h.
As Letras na Imaxe
Charla-obradoiro literario "A palabra segreda", impartido por Pablo Portelo.
18.00h.
Letras Divertidas
Festa despedida para as rapazas e rapaces que participaron na actividade de apoio ao estudo.
18.00h.
A Linguaxe das Imaxes
Proxección do filme infantil Donkey Xote.
18.30h.
Cinemas Dixitais

Proxección de Memorial de Camposancos
20.00h.
Mestura de Linguaxes
Recital máis arpa con Yolanda Castaño (poesía) e Nuria de León Viloria (arpa).

IV Semana Cultural do Castiñeiriño
17.30h. Obradoiro de confeccións de instrumentos.
19.00h. Trade de xogos tradicionais. Coa asociación Brinquedia de xogos tradicionais.
20.00h. Actuacións das pandeireteiras, música tradicional e baile coa agrupación de Marrozos, dúas charangas de música tradicional e o grupo de gaitas do Castiñeiriño

Compartir: