Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 29 de decembro

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Benestar Social, Paula Prado, sobre asuntos desta área.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, sobre asuntos da súa área.

17.00 h.
Na Consellería de Cultura, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Padroado da Fundación Cidade da Cultura.

17.00 h. No Teatro Principal, Disque danza presenta Menú Vexetal (dame verde) de Paula Carballeira.
20.00 h. No Auditorio de Galicia, Gran Concerto de Aninovo da Strauss Festival Orchestra. Asiste o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Visita Paxes Reais
11.45h. No LSC de Figueiras
17.30h. No LSC de Laraño
18.30h. No LSC de Aríns

Compartir: