Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 28 de novembro

11.30 h.
Na Casa do Concello, constitución da Comisión Especial de Queixas e Suxestións.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, asinan un convenio de colaboración.

12.00 h.
No Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, o concelleiro de Economía e Facenda, Andrés Fariña, asiste á presentación do número da Revista Galega de Economía (RGE) dedicada ao profesor Andrés Santiago Suárez Suárez.

12.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA de Silvia Modia, subdirectora do Auditorio de Galicia e de María Bouzas, presidenta da Academia Galega do Audiovisual, para presentar o segundo número da publicación "Papeis da Academia". Na rolda estarán tamén Ángel Luis Hueso, membro da Comisión de Publicacións da AGA; Nani García, directivo da AGA; Lino Braxe, escritor e actor e José Luis Losa, director de Cineuropa.

13.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos premios Ánxel Casal.

20.30 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do premio Economista do Ano ao presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda.

21.00 h.
Teatro+Danza en Xira
No Auditorio de Galicia, La Paz Perpetua de Teatro de la Abadía e o Centro Dramático Nacional dentro do programa Teatro + Danza en Xira 2008.

Compartir: